Sunday 28 de April de 2024

Axenda do 2 e o 3 de xullo de 2022 en Narón


Sábado 2 de xullo de 2022

Actividade: “VIII Encontro de Rondallas Cidade de Narón”
Hora: 17.30
Lugar: Campo da festa de Piñeiros

O Concello organiza xunto coa AVV Piñeiros este evento, no que actuarán as rondallas “Añoranzas”, “Só Elas”, “Lucero del Alba” e “Mugardesa”. A entrada é de balde. Ao remate das actuacións haberá unha sardiñada popular organizada pola entidade veciñal.

Domingo 3 de xullo de 2022

Actividade: “I BTT Resistencia Cidade de Narón”
Hora: 10.00
Lugar: Saída e meta nas inmediacións da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña”, de Pedroso

O Concello e o Club Ciclista Narón, xunto coa Federación Galega de Ciclismo, organizan este evento, no que participarán unhas duascentas persoas. A cita consiste nun percorrido de tres horas, por pistas forestais e sendeiros de Pedroso, e terá unha duración máxima de tres horas, tempo no que os participantes deberán realizar o máximo número de voltas posibles ao circuíto.

Actividade: “XVI Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete”
Hora: 11.30
Lugar: Campo da festa de Piñeiros

O evento contará coa actuación da Banda de Gaitas Marino Tapiega, de Asturias e trala música comezará a “XIII Festa do Churrasco”. Ademais haberá un baile posterior amenizado polo artista Jorge Latino.

Actividade: “Verde que te quero verde”
Hora: 12.30
Lugar: Praza Irmáns Freire (Xuvia)

O Padroado da Cultura organiza unha nova edición do programa “Verde que te quero verde”. A primeira das citas contará coas actuacións de Momboi e Magín Blanco. A entrada é de balde.

Actividade: “Alteada”
Hora: A partir das 13.00
Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello e a AVV “Altea”, de Xuvia, celebrarán un ano máis a Alteada, cun completo programa de actos que comezarán ás 13.00 horas cunha sesión vermú. Ás 15.00 horas comezará a servirse o menú (os tickets están esgotados), a base de ameixa rubia mariñeira, churrasco, sobremesa, café e bebidas. Pola tarde, dende as 16.00 horas, haberá xogos tradicionais, actuará o músico Paco Nogueiras e ás 19.00 comezará a Festa da Escuma.